Nokia Refocus xa está dispoñible para os móbiles con PureView

mércores, 13 de novembro do 2013 Marcus Fernández

Hai un par de anos chegaron ao mercado as cámaras Lytro, que querían revolucionar a fotografía dixital ao facilitar o enfoque de imaxes a posteriori, funcionalidade da que agora poden gozar os móbiles da familia Lumia que conten con cámara PureView e teñan o seu sistema operativo actualizado grazas á nova aplicación Nokia Refocus, que permite disparar fotografías para realizar o enfoque máis tarde, o que resulta ideal para tomar primeiros planos de obxectivos para logo poder amosar a profundidade co enfoque.
Amais, esta aplicación tamén conta cun efecto que facilita a xeración de imaxes nas que aparece todo enfocado e tamén facilita resaltar unha cor determinada, dando lugar a fermosas imaxes que poden facerse directamente co móbil sen axuda de aplicacións de escritorio. As imaxes capturadas poden compartirse a través da Internet, permitindo incluso a aplicación do enfoque vía web como xa acontecía coas cámaras Lytro, o que agradecerán moitos usuarios que queiran presumir desta tecnoloxía tan rechamante.


Exemplo de imaxe tomada con Nokia Refocus

PUBLICIDADE