Nintendo volve aos números negros

mércores, 29 de outubro do 2014 Marcus Fernández

Tras recuperarse dun tumor, Satoru Iwata volve a coller o temón de Nintendo

No mes de xuño o director xeral de Nintendo, Satoru Iwata, someteuse a unha intervención cirúrxica para extirpar un tumor na súa vía biliar, e a súa recuperación parece ir o bastante ben como para incorporarse á súa actividade diaria e así poder presentar os resultados semestrais de Nintendo, que parecen mellor do agardado, pois tras un período bastante escuro para a compañía nipoa (provocado principalmente pola emerxencia do xogo móbil) consegue uns resultados operativos trimestrais positivos, despois de perder 9.900 millóns de iens o anterior trimestre.
En vista destes resultados parece que Nintendo vai conseguir unha boa campaña de Nadal, xa que chega á mesma con moito pulo, xa que no último semestre Super Smash Bros. para Nintendo 3DS conseguiu vender 3,22 millóns de copias (e prepara a súa saída para Wii U) e a Wii U parece que por fin levanta cabeza, grazas primeiro a Mario Kart 8, xogo que pode considerarse un vende-consolas, ao que hai pouco seguiu Hyrule Warriors, que xunto co citado Super Smash Bros. constrúen un catálogo moi atractivo de cara ao Nadal. Neste último trimestre a Wii U venden 1,12 millóns de consolas e 9,4 millóns de xogos, o que indica unha mellora substancial para unha plataforma que corría o risco de quedar na indiferenza. Tamén pódese comentar que o xogo Bayonetta 2, exclusivo para Wii U, conseguise unha das mellores críticas do presente ano, aínda que ao ser un título de nicho non se espera que as súas vendas sexan tan destacables como as dos xogos de Nintendo.
Nintendo tamén confía a que a Nintendo 3DS continúe a manterse no mercado con grande forza pese ao éxito dos xogos móbiles, principalmente grazas á forza de sagas como Pokémon, que contará cunha nova entrega en novembro. Este ano tamén actualizarán a propia Nintendo 3DS no Xapón, aínda que esta versión mellorada da consola aínda non ten data para chegar ao noso territorio.

A Wii U está a mellorar as súas vendas grazas ao varios xogos propios de Nintendo

PUBLICIDADE