SICON

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3015 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Nikon presenta unha cámara cun zoom óptico de 42x

mércores 1 de febreiro do 2012, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Este mes Nikon vai levar o zoom óptico das súas cámaras da serie COOLPIX P a un novo nivel, de xeito que a cámara COOLPIX P510 chegará cun zoom óptico de 42x, contando tamén cun estabilizador de imaxe avanzado para poder tomar unhas fotografías nítidas e un vídeo estable. Esta impresionante cámara conta cun sensor BSI CMOS de 16,1 Mpíxeles, pode disparar 5 fotografías a máxima resolución nun segundo, grava vídeo en alta definición (1.080p), xeoposiciona as nosas capturas cun GPS integrado e tamén conta cunha pantalla de alta resolución de 3 polgadas. Venderase en negro e vermello a un prezo de 429,95 dólares.
Nikon considera que estamos ante a cámara compacta co maior zoom óptico do mercado, aínda que moitos incluirían esta cámara dentro da categoría de cámaras bridge. De calquera xeito estamos ante unha cámara excelente para tomar imaxes a certa distancia ou incluso para disparar con pouca luz, satisfacendo a un tipo de público que fuxe das DSLR por comodidade ou por prezo.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS