Nace Soitu.es coma un medio aberto e participativo
xoves 27 de decembro do 2007, por |
Despois dunha espera de varios meses,
a iniciativa de Gumersindo Lafuente, antigo responsable da edición dixital de
El Mundo, Soitu.es, ve a luz coma un novo medio
dixital que busca conxuntar o rigor do xornalismo tradicional coa filosofía
propia da Internet.
Soitu.es álzase coma un
medio independente e aberto, que publicará información elaborada por
xornalistas, profesionais (expertos en distintas ramas do coñecemento) e
lectores (cun criterio interesante e distinto).
Gumersindo Lafuente e Borja Echevarría explican, en qué consiste soitu.es. |
34 persoas integran a redacción e o equipo técnico que leva Soitu.es, aínda que tamén hai un completo grupo de colaboradores que completan os contidos deste novo medio, destacando os galegos Juan Varela, que fala de novos cidadáns e medios dixitais na súa sección Sociedad Cableada, e Juan Freire, que fai un achegamento á tecnoloxía que nos fai humanos en Piel Digital.
Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















