AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Multan a Movistar por publicidade enganosa e cláusulas abusivas

mércores 24 de febreiro do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

JPEG - 93.6 KB
Un dos anuncios de Movistar denunciados

A Axencia Catalá de Consumo (ACC) sancionou a Telefónica Móviles España con dúas multas de 27.000 e 16.500 euros por publicidade enganosa e cláusulas abusivas nos seus contratos respectivamente. Estas sancións impuxéronse en 2007, pero como a operadora aínda tiña vías de recursos non podían facerse públicas. Este tipo de infraccións considéranse graves.
A primeira das multas a Movistar, por valor de 27.000 euros, vén provocada pola deficiente información na publicidade da operadora, na que os prezos non inclúe IVE nin o prezo do establecemento de chamada, non se detalle o número máximo de unidades dos terminais incluídos nunha oferta en concreto ou non indican que os prezos de chamadas e mensaxes publicitados corresponden só a conexións entre teléfonos da mesma compañía.
A segunda sanción, de 16.500 euros, atinxe a cláusulas abusivas para os consumidores coma o feito de que Movistar puidese notificar cambios nas condicións de contratación só vía web ou puidese adiantar o momento do cobro sen indicar ante qué condicións (precisamente este detalle investigouse despois de recibir unha ducia de denuncias de consumidores á ACC).

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS