Movistar incrementará os datos das súas tarifas Vive

venres, 23 de xaneiro do 2015 Redacción

Movistar, operadora de telecomunicacións de Telefónica, anunciou que vai introducir variacións no seu catálogo de tarifas móbiles da liña Vive. Máis polo miúdo, as novas tarifas atinxen ás modalidades Vive 11, 22, 30 e 43, e consisten basicamente nun incremento das súas franquías de datos (incremento no ancho de banda en descarga “para adaptarse ao consumo dos clientes”). Este novo feixe de tarifas móbiles compatíbeis con 4G lanzarase no mes de febreiro. Amais da devandita novidade, incrementaranse un algo os custos de establecemento por chamada, que pasarán de 18 a 20 euros.
Logo dos cambios imprimidos pola operadora (cambios que tamén afectan ao propio nome das distintas modalidades, que avanzan na escala de números como poderemos ver máis abaixo), as tarifas Vive ficarían do seguinte xeito:
· Vive 12 (12 euros ao mes): 0 cént/min + 20 cént (establecemento) + 1 GB + 18 cént/SMS.
· Vive 25 (25 euros ao mes): 200 minutos + 1,5 GB + 18 cént/SMS.
· Vive 33 (33 euros ao mes): minutos ilimitados + 2,5 GB + Nubico + SMS ilimitados.
· Vive 45 (45 euros ao mes): minutos ilimitados + 5 GB + Nubico + SMS ilimitados + multi SIM.
As variacións, como se pode ver, atinxen a todas as tarifas. A máis económica é Vive 12 e inclúe unha ampliación en materia de datos dos 800 MB aos 1 GB, incrementándose a cota mensual en un euro. A tarifa Vive 22 transfórmase en 25, agora con 500 MB máis para navegar por 3 euros máis ao mes, a tarifa Vive 30 devén en 33, agora con 500 MB máis para navegar e Nubico incluído por 3 euros máis ao mes, a tarifa Vive 43 transfórmase en 45, agora con 1 GB máis para navegar e Nubico incluído por 2 euros máis ao mes.

PUBLICIDADE