Modernización colabora coa Asociación PuntoGal para a consecución dun dominio galego na Internet
luns, 18 de abril do 2011
- Representantes da Asociación Puntogal reunidos co actual presidente da Xunta hai uns meses
A SecretarÃa Xeral de
Modernización e Innovación Tecnolóxica vén colaborando coa Asociación PuntoGal
para impulsar o dominio .gal na
Internet, como recolle un novo convenio asinado entre ambas entidades no que se
estipula que
o departamento autonómico achegará 55.000 euros a PuntoGal para a
realización de actuacións orientadas a conseguir o devandito dominio.
A Asociación PuntoGal,
constituÃda co obxectivo de conseguir a creación do dominio .gal na Internet, está a realizar todos
os trámites precisos para acadar este obxectivo ante o organismo competente,
Internet Corporation for Assigned Names and Numbers (ICANN). O obxectivo de
PuntoGal é establecer un dominio en Internet para a comunidade cultural e
lingüÃstica galega, o .gal, baixo o
que poderán rexistrarse aquelas entidades, empresas ou persoas que se expresen
en lingua galega e contribúan ao fomento da nosa cultura.
A achega da SecretarÃa
Xeral de Modernización destinarase a varias actuacións primeiro lugar, á
posibilitar a presenza dos asesores técnicos de PuntoGal nos encontros que o
ICANN e outras entidades vinculadas ao regulamento da rede celebrarán este ano
en Belgrado e Munich, incluÃndo o material informativo e promocional preciso
para a participación de PuntoGal nestes eventos. Tamén se contempla a produción
dun vÃdeo informativo do proxecto PuntoGal en varias linguas tanto para o ICANN
como para os organismos relacionados coa regulación da rede e a sociedade
galega en xeral e que se difundirá a través da páxina
web da asociación.
Para promover a
candidatura do dominio a Asociación contratará un servizo de apoio de carácter
administrativo para que execute os traballos necesarios para o bo funcionamento
e atención das necesidades requiridas pola candidatura do .gal. Tamén se contratará un servizo de asesoramento técnico
especializado para a realización de traballos relacionados co ICANN encamiñados
á presentación definitiva da candidatura ante a ICANN.
Por outra banda, a
Asociación PuntoGal estará presente en distintas feiras e encontros que se
realizarán en Galicia e noutros lugares de influenza do colectivo de emigrantes
galegos co obxectivo de dar a coñecer e promover entre a cidadanÃa galega as
necesidades e posibilidades de contar cun dominio propio e promover asà a
candidatura do .gal.