AOI

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Móbil para facer videochamadas na escuridade

xoves 2 de xullo do 2009, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Samsung vén de introducir no mercado surcoreano o seu novo terminal de telefonía móbil Samsung SCH-W760, que inclúe unha pantalla AMOLED de 2,8 polgadas con resolución WQVGA, conectividade HSDPA de ata 7,2 Mbps e Bluetoth, lector de tarxetas microSD (inclúe unha de 8 Gb), sintonizador de televisión dixital S-DMB (só dispoñible en Corea), unha cámara de 3 Mpíxeles con flash e a posibilidade de captar vídeo con infravermellos, ou sexa, que funciona como cámara de visión nocturna, prestación moi habitual nas cámaras de vídeo domésticas, pero que sorprende ao incorporarse á cámara frontal dun móbil para facer videochamadas na escuridade.
O terminal mide 109 x 51.9 x 13.9 milímetros, pesa 114 gramos e está á venda por 580.000 wons coreanos (322,65 euros).

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS