Microsoft podería permitir o uso de discos duros externos na Xbox 360
xoves 18 de marzo do 2010, por |
Joystiq tivo acceso a unha serie de documentación confirmada por «2 fontes distintas» que dan a entender
que a consola Xbox 360 de Microsoft vai contar na primavera cunha actualización
que activará
a posibilidade de utilizar unha unidade de almacenamento externa por USB coma
se dun disco duro oficial se tratase, de xeito que serviría para gravar
partidas, contidos descargables e xogos, algo que actualmente só pode facerse
con unidades de memoria licenciadas por Microsoft, e que ao abrirse a outras
unidades mellora as posibilidades da Xbox 360 (especialmente dos modelos sen
disco duro).
Segundo parece, o uso de unidades externas limitaría a súa capacidade para a consola
en 16 Gb utilizables (detalle pendente de confirmación), o que permitiría empregar
o resto da capacidade da unidade externa para outros usos.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















