Microsoft e 40 caixas de aforros analizan os beneficios da tecnoloxía para mellorar a eficiencia e competitividade
xoves 11 de marzo do 2010, por |

- Carmen Arangure, directora comercial do Sector Financeiro de Microsoft Ibérica
Baixo o lema Tres pantallas e unha nube. Un mundo por
crear, Microsoft reune en Santiago de Compostela
durante os días 10 e 11 de marzo a 40 Caixas de Aforros na novena edición do Fórum
Microsoft de Caixas de Aforros. Este encontro, ten
como obxectivo principal achegar a tecnoloxía de Microsoft
máis idónea para que as Caixas Aforros sexan máis eficientes e competitivas.
Agora máis que nunca, a implantación de tecnoloxía innovadora é o aliado ideal
para as Caixas de Aforros, en prol de mellorar a súa produtividade e
eficiencia. As Tecnoloxías da Información e, en concreto, o software son
imprescindibles nestes momentos como facilitadoras
da innovación necesaria para mellorar significativamente a produtividade nos
procesos comerciais e na xestión interna das Caixas de Aforros.
Carmen Arangure, directora comercial do Sector Financeiro de Microsoft Ibérica
destacou que «dende Microsoft cremos que as TI son o
único medio que pode lograr que unha Caixa de Aforros impulse á vez o aforro de
custos, a produtividade e a innovación, alcanzando un novo nivel de eficiencia,
ao tempo que lle permite poder dedicalo máis tempo a atender as súas
prioridades de negocio e comerciais».
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















