SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Mellora a cobertura de banda larga de Sarria, Meira, Manzaneda e O Bolo

luns 2 de xaneiro do 2012, por Redacción | | Compartir | |

JPEG - 35.1 KB
9.644 veciños da comarca de Sarria xa gozan de cobertura de banda larga grazas ás últimas actuacións

O Plan de Banda Larga 2010-2013 da Xunta posibilitou que 9.644 veciños da comarca de Sarria, 1.843 da Comarca de Meira e 1.350 habitantes dos municipios ourensás de Manzaneda e o Bolo que carecían de acceso á Rede teñan a posibilidade de conectarse a Internet. O obxectivo do Plan, que está a desenvolver a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, é acadar no 2013 o 100% de cobertura na comunidade e tras a posta en marcha de máis da metade das actuacións previstas no Plan de Banda Larga 2010-2013 son xa máis de 393.000 os galegos que poden acceder á banda larga e que ata agora non tiñan acceso a ese servizo. En 2011 o Plan permitirá que a porcentaxe de galegos con acceso á Rede chegue ao 87,30% fronte ao 70% existente en 2009.

Sarria

Na comarca de Sarria o Plan facilitou o acceso á rede a 9.644 veciños sen cobertura grazas ás actuacións levadas a cabo nos sete municipios que a integran, o que supuxo pasar dun 35% da poboación cuberta ao 74%. Antes da posta a maioría dos concellos superaba o 16% de habitantes con cobertura.
Os incrementos máis destacados producíronse nos concellos de O Incio e Samos nos que se partiu dunha cobertura practicamente nula a superar o 46% e 40% respectivamente, o que beneficiou a preto de mil veciños no Incio e a case 700 en Samos. Os despregamentos do Plan beneficiaron tamén a 1.340 veciños de Láncara, preto de 900 de Paradela, máis de 1.370 do Páramo, preto de 4.000 de Sarria e case 500 de Triacastela.

Meira

Na comarca de Meira as accións do Plan permitiron duplicar a cobertura pasando dunha porcentaxe de poboación cuberta do 32% a máis do 64% da poboación. A previsión é que no 2013 a comarca se aproxime ao 90% de cobertura, unha porcentaxe que chegará ata o 100% a través de satélite.
O incremento de cobertura por municipio é moi significativo especialmente no caso de Meira e Pol que pasaron de ter un cobertura practicamente do 33% a máis dun 79% e do 25% a máis do 61%, respectivamente. En Ribeira de Piquín o Plan permitiu que a porcentaxe de poboación con acceso a internet pasara do 15,68% a preto do 26% e en Riotorto do 47,% inicial ao 67% da poboación cuberta.

Manzaneda

No Concello de Manzaneda antes do Plan a porcentaxe de poboación con acceso a internet apenas superaba o 4%. Grazas as accións do Plan hoxe en día máis do 60% dos veciños deste concello teñen a posibilidade de conectarse á rede. A previsión é que cos avances do Plan no 2013 se supere o 90% de poboación cuberta e a porcentaxe restante se completará vía satélite.

O Bolo

O punto de partida do municipio de O Bolo era dunha cobertura practicamente nula. Os despregamentos do Plan no concello conseguiron dotar de acceso a Internet a máis do 70% dos veciños. En 2013 as accións postas en marcha permitirán chegar ao 83% dos habitantes do concello. A solución satelital permitirá chegar ao 100% de cobertura.
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS