SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Máis detalles sobre a nova actuación do Plan de Banda Larga de Galicia 2010-2013

venres 16 de setembro do 2011, por Redacción | | Compartir | |

JPEG - 381.3 KB
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira e o director de Administracións Públicas de Telefónica no territorio norte, Manuel Alonso

Tal e como avanzouse onte tras o Consello da Xunta, esta mañá explicouse en rolda de prensa que a Administración autonómica pon en marcha unha nova actuación do Plan de Banda Larga que posibilitará a conexión a Internet a 250.000 de máis de 11.000 núcleos de poboación sen acceso á Rede entre 2011 e 2013.
Desta vez foron a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira e o director de Administracións Públicas de Telefónica no territorio norte, Manuel Alonso, quen detallaron que con esta acción, a quinta das previstas no Plan, cumprirase o obxectivo de que o 94% dos galegos teñan acceso a Internet en 2013. A porcentaxe restante cubrirase vía satélite.
Ademais con esta nova acción realizada en colaboración co operador Telefónica mellorarase a cobertura de datos en mobilidade de 728.000 habitantes do rural e garantirase a cobertura de telefonía móbil nas grandes vilas e cidades e nas autoestradas e autovías da Comunidade. A execución da acción tamén dará emprego a 250 persoas, ás que sumarase os 412 técnicos de Telefónica e de empresas colaboradoras que xa operan sobre o terreo dende os centros técnicos de supervisión situados en Galicia.
A solución tecnolóxica elixida por Telefónica para o despregamento de Banda Larga en zonas rurais de Galicia é a UMTS/3G na banda de 900 Mhz e os núcleos que accederán á Internet con este plan farano na mesmas condicións e prezos ofertados por Telefónica nas zonas urbanas. Ademais, e como acontece nas cidades, as ofertas para voz e datos virán asociadas a servizos gratuítos como o Terabox, televisión no móbil, e servizos para estudantes e de filtrado de contidos como, Aula 365 e Canguro Net ademais de servizos para empresas, entre outros.
Ata 2013, activaranse para esta tecnoloxía 929 estacións base (719 de Telefónica e 210 de Retegal), construíndose 115 novas para facilitar o despregamento desta tecnoloxía no rural.
No marco dos compromisos adquiridos na súa proposta para o Plan de Banda Larga, Telefónica ten previsto despregar a medio prazo unha rede LTE na zona céntrica de Santiago de Compostela convertendo á capital galega nunha das primeiras cidades de España con cobertura completa con esta tecnoloxía por parte deste operador.

Declaracións de Mar Pereira sobre a nova acción do Plan de Banda Larga

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS