Máis de 1.600 preinscritos no Xuventude Galicia Net
luns 8 de marzo do 2010, por | |
| Compartir |
O encontro informático Xuventude
Galicia Net, seguindo coa tradición de pasadas edicións, este ano recibiu
inscricións de xeito masivo, con máis
de 1.600 mozos que cursaron a preinscrición correspondente nos últimos
días, de xeito que xa teñen pendurado o cartel de prazas esgotadas, agardando que o evento que terá lugar entre os
días 26 e 28 de marzo no Pazo de Congresos e Exposicións teñan un éxito de
asistencia notable, consolidándose coma o maior evento deste tipo en Galicia.
Dende a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado destacan que os interesados
que quedasen fóra encontro pola limitación de prazas poderán asistir ao
obradoiros que terán lugar de xeito paralelo á LAN party, polo que non quedarán totalmente apartados desta festa
informática. Deste xeito, Xuventude Galicia Net transfórmase nun espazo para a
aprendizaxe na que o público xeral pode achegarse ao deseño web, o software
libre, as linguaxes de programación e outras materias de interese para os
afeccionados á informática.
O encontro dividirase este ano en tres sectores cun único obxectivo: a
aprendizaxe e o manexo das novas tecnoloxías.
O primeiro espazo,
denomínase Intranet, que será o corazón da party. Para participar só é
necesario levar o ordenador e alí poranse a disposición dos asistentes 40
quilómetros de cable e velocidade de conexión de 1 Gbps.
O segundo dos espazos,
Extranet, supón outra forma de participar no evento. O acceso é de balde e
aberto para todos os públicos. Esta zona situarase este ano no recinto exterior
do Pazo de Congresos e Exposicións. Habilitarase unha carpa cuberta de 600
metros cadrados durante os tres días, onde terán lugar diversas actividades de
ocio dirixidas a toda a familia.
Na terceira das zonas de
Xuventude Galicia Net emprazaranse os obradoiros. O obxectivo de todas as
actividades que se levarán a cabo neste espazo é afondar un pouco máis nas
novas metodoloxías. Entre os talleres que se ofertarán destacan temáticas de
fotografía, redes sociais, traballo e modelos de negocio en Internet ou
traballo e modelos de negocio en Internet.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68















