AOI

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

MSI Air Keyboard, o mando sen fíos con sensor de movemento

luns 8 de febreiro do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Os usuarios de centros multimedia de salón teñen unha nova opción para o seu control remoto, o MSI Air Keyboard, un teclado de 80 teclas, sen fíos, cunhas medidas de 142 x 88 x 32,9 milímetros e un peso de 200 gramos que pode manexarse de xeito doado cos polgares e que destaca por poder operar tamén coma rato facendo uso dun sensor de movemento integrado, de xeito que o punteiro en pantalla podería manexarse dun xeito semellante ao mando dunha Wii.
O teclado tamén conta con botóns de atallo para acceder a programas de uso común e funcións multimedia. Funciona para Windows 98/XP/Vista/7 e Mac OS X, aliméntase de 2 pilas AA que garántenlle un uso continuo de máis de 50 horas e o seu prezo de venda baixo a marca Cideko será de 79 euros.


Demostración do funcionamento do novo teclado sen fíos comercializado por Cideko
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS