Lugo acollerá a vindeira semana a I Xornada de Redes Sociais e Blogs
venres 4 de decembro do 2009, por | |
| Compartir |
O vindeiro 11 de decembro
celebrarase no Centro de Empresas e Innovación de Lugo a I Xornada de Redes Sociais e Blogs,
que contará con blogueiros expertos e emprendedores no campo da Internet tal e
como presentou
a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, quen explicou
que «será unha gran cita para blogueiros
expertos e emprendedores no campo da Internet que debaterán sobre o actual
fenómeno dos blogs e as novas iniciativas de participación na Rede». E
engadiu que “contaremos con conferenciantes de primeiro nivel galego e nacional
que analizarán desde diversos puntos de vista os novos fenómenos de Internet”.
Neste evento, participarán prestixiosos representantes de diferentes sectores
(profesional, tecnolóxico, empresarial, periodístico, ético, académico...) que
ofrecerán un enfoque multidisciplinar para obter unha idea, o máis fiel
posible, da situación da web social no noso país e a súa viabilidade de futuro.
Trataranse temas coma o vídeo e a incipiente televisión on-line, Twitter e a
entrada en escena do microblogging, Second
Life e a presumible consolidación ou desaparición dun mundo virtual ao que se lle
supón unha gran influencia ou a promoción das novas aplicacións web dos
emprendedores do noso país.
A través de conferencias, unha mesa redonda, un obradoiro práctico e un acto de
ocio perséguense fundamentalmente os seguintes obxectivos:
Dar a coñecer o fenómeno blog e as webs participativas ao conxunto da
sociedade.
Fomentar a súa utilización en empresas, organizacións e institucións.
Facilitar o primeiro encontro lucense entre autores de blogs coñecidos e
redes sociais dando a coñecer esta forma de socialización.
Reflexionar sobre os modelos de negocio en torno á Web 2.0 e dar a coñecer a
capacidade emprendedora que se desenvolve na blogosfera.
A Concelleira indicou que «o éxito da
pasada convocatoria das Xornadas
de Software Libre con máis de 200 participantes e a gran participación da
cidadanía lucense en outros encontros como a Ludus Party foi un factor
que nos axudou a ter unha idea do interese da sociedade lucense nos temas
relacionados coas Novas Tecnoloxías, dándonos unha maior confianza para
celebrar esta xornada de Blogs e redes sociais».
A participación neste encontro será totalmente gratuíta, pero requírese unha inscrición previa a través da web,
chamando ao teléfono de atención á cidadanía do Concello 010 ou o día das
xornadas de 9:30 a 10:00 horas.
O programa da xornada
é coma segue:
09:30 - 10:00 hs: Entrega de acreditaciones y últimas inscripciones
10:00 - 10:30 hs: Presentación de las jornadas de la mano de Luisa Zarzuela y Raul Ordóñez (bitacoras.com)
10:40 - 11:10 hs: Primera ponencia: Rodolfo Albella
(pleiteando.com)
11:20 - 11:50 hs: Segunda ponencia Conrado Xalabarder (mundobso.com)
12:00 - 12:20 hs: Coffee Break.
12:30 - 13:00 hs:
Acto inaugural con el Alcalde de
Lugo
13:00 - 14:00 hs:
Mesa rendonda: Debate constructivo para compartir conocimiento sobre la utilidad
que estas herramientas pueden proporcionar en diferentes ámbitos de la vida
(personal, profesional, ocio, etc.)
José de Cora (bitacoradecora.elprogreso.info)
Conrado Xalabarder (mundobso.com)
Rodolfo Albella (pleiteando.com)
Javier Pedreira (microsiervos.com)
Raul Ordóñez (bitacoras.com)
Descanso mediodía con comida para ponentes e invitados
16:30 - 17:10 hs:
Tercera ponencia: Javier
Pedreira (microsiervos.com)
17:20 - 17:50 hs:
Cuarta ponencia: Manuel
Guisande (blogs.lavozdegalicia.es/manuelguisande)
18:00 - 19:00 hs:
Taller "Crea tu propio blog" Oscar Lage
(userlinux.net)
19:00 - 19:20 hs:Sorteo
de un Note Book entre todos
los asistentes y participantes en las jornadas
20:00 hs:
Blogs&Beers
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














