Londres con Wi-Fi de balde nas beiras do río Támesis
martes 17 de xullo do 2007, por | |
| Compartir |
Un acordo entre free-hotspot.com e
MeshHopper permitirá que os londinienses e turistas que estean á beira do río Támesis
poidan conectarse á Rede mediante Wi-Fi de balde, financiándose
o servizo cun anuncio que aparecerá na pantalla do usuario entre 15 e 30
segundos por cada cuarto de hora de conexión.
Os usuarios que queiran prescindir da publicidade poderán pagar polo servizo tanto por horas
soltas (a 2,95 libras a hora) ou mediante un bono mensual (de 9,95 libras),
aínda que tamén hai que subliñar que as conexións de balde van a 256 Kbps,
mentres que as de pago chegan a velocidades de ata 500 Kbps.

- Mapa coa cobertura da nova rede Wi-Fi
O interesante desta solución que cubre 11 quilómetros entre Millbank e Greenwich está en que aínda que permita un acceso de balde, o servizo non é realmente gratuíto, polo que non alteraría a competencia no mercado (de feito, incluso compiten con eles mesmos) e podería ser unha fórmula moi interesante para achegar accesos á Rede sen fíos en concellos españois nos que se queira instalar unha infraestrutura deste tipo sen entrar en conflitos coa CMT.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














