LINE supera os 150 millóns de usuarios en todo o mundo
xoves, 2 de maio do 2013
AÃnda que a aplicación de mensaxerÃa instantánea de máis
éxito no contorno móbil continúe a ser WhatsApp, o seu principal competidor,
LINE, está a medrar dun xeito impresionante nos últimos meses, anunciando hoxe
que vén
de superar os 150 millóns de usuarios en todo o mundo, o que parece ser
consecuencia directa da súa boa adopción en España e América latina, que
contribúen asà á súa xa boa presenza en boa parte de Asia.
Ao parecer, a chave do éxito de LINE nos últimos meses serÃa consecuencia
directa dos seus anuncios televisivos, aÃnda que o feito de que WhatsApp
deixase claro que non era un servizo de balde tamén tivo moito que ver na
aceleración da adopción de LINE, que está
a conseguir facer rendible o seu negocio por outras canles, como vendendo stickers ou ofrecendo xogos Free-to-Play aproveitando a súa inmensa
masa de usuarios.
Comparar LINE con WhatsApp non parece doado, pois actualmente o único dato que
temos de WhatsApp é que ten máis
usuarios que Twitter (que ten uns 200 millóns de usuarios mensuais activos)
e move máis de 20.000 millóns de mensaxes ao dÃa. AÃnda que en EE.UU. o dominio
de WhatsApp parece indiscutible, no caso español estÃmase que actualmente
hai uns 20 millóns de usuarios de WhatsApp e 11 millóns de usuarios de LINE,
aÃnda que do que non temos datos nin estimacións e do uso real que fan os
usuarios de cada plataforma, posto que non son ferramentas excluÃntes.
Un dos anuncios televisivos de LINE que poden verse en España