LG integrará Intel WiDi nos seus televisores de alta gama
xoves 15 de decembro do 2011, por |
LG Electronics e Intel veñen de pechar unha alianza para
promover a tecnoloxía Intel Wireless Display (WiDi), de xeito que en
2012 os televisores LG CINEMA 3D Smart TV van ser os primeiros no mercado en integrar
a tecnoloxía WiDi de Intel, para permitir que dispositivos como ordenadores
portátiles poidan amosar os seus contidos en proxectores ou televisores de
grande tamaño sen a necesidade de cables USB ou HDMI.
A tecnoloxía WiDi de Intel non só permite compartir contido almacenado, senón
que tamén permite achegar contido en liña (vídeos de YouTube e canles de
televisión en directo) a través de dispositivos móbiles, ampliando as posibilidades
dos televisores de LG, que terán nesta característica un elemento diferenzador.
Amais, mentres se comparten contidos a través de WiDi os usuarios poden continuar
a utilizar os seus dispositivos para outras tarefas.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















