Factura electrónica

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Krasis regala hoxe mil libros de e-mail marketing na OMExpo de Madrid

mércores 24 de febreiro do 2010, por Raquel Noya | | Compartir | |

JPEG - 97.7 KB
Krasis participa na OMExpo

A empresa galega Krasis, con sede en Vigo e Londres, que este ano cumple 10 anos de actividade ofrecendo formación en novas tecnoloxías e Internet a empresas do sector, vén de anunciar que, con motivo da celebración hoxe e mañá da feira de marketing en liña OMExpo en IFEMA, vai regalar mil exemplares dos seus libros de email marketing aos visitantes. Theemailingexperience.com é un dos blogs de marketing en liña máis populares do país e agora vén de converterse en libro, cunha tirada de 1.000 exemplares, para ser entregado como agasallo para tódolos profesionais do sector que se acheguen á OMExpo. Porén Krasis non só regalará 1.000 exemplares deste libro, que conteñen 49 post extraídos específicamente de entre todo o publicado dende a súa posta en funcionamento en 2007, senón que asemade aproveitará a ocasión para presentar oficialmente a súa nova canle en Twitter @mailcast, que leva funcionando en probas dende comezos deste mes; o Correo electrónico marketing tweet a tweet onde dun modo novidoso Krasis ofrecerá consellos breves para facer campañas, introducirá recensións de artigos, publicacións do sector, novidades... e manifestarase un profundo interese por un concepto que preocupa moito ás grandes corporacións, a Reputación 2.0.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS