Kinect chegará ao mercado con 17 xogos
luns 18 de outubro do 2010, por |
O vindeiro 10 de
novembro agárdase a chegada ás tendas do Kinect de Microsoft, sistema de
control de movemento baseado nunha cámara con sensor de posición que
revolucionará o xeito de entender a Xbox 360 e que vén
de confirmar o seu catálogo de títulos inicial, que vai ser bastante xeneroso,
pois segundo Larry Major Nelson Hryb
estará composto por 17 xogos entre os que destacan especialmente os
desenvolvidos en colaboración cos Microsoft Game Studios (Kinect Adventures, Kinectimals
e Kinect Sports) e o prometedor Dance Central de MTV Games. Podemos ver
que dentro da relación de xogos publicada predomina
a temática ocasional, ao máis puro
estilo da Wii, que parece ser a orientación que Microsoft quere darlle a
Kinect, buscando replicar o éxito da consola de Nintendo nos xogos con control
de movemento.
A listaxe de xogos iniciais para Kinect sería a que segue:
Kinect Adventures (Good Science Studio/Microsoft Game Studios)
Kinectimals (Frontier Developments Ltd./Microsoft Game Studios)
Kinect Sports (Rare/Microsoft Game Studios)
Kinect Joy Ride (Microsoft)
Game Party: In Motion (Warner Bros. Interactive Entertainment)
Harry Potter and the Deathly Hallows: Part 1 (Electronic Arts/EA Bright Light)
Your Shape: Fitness Evolved (Ubisoft)
Dance Central (MTV Games/Harmonix)
EA Sports Active 2 (EA Sports)
The Biggest Loser: Ultimate Workout (THQ)
DanceEvolution (Konami)
Zumba Fitness (Majesco)
MotionSports (Ubisoft)
DECA Sports Freedom (Hudson Entertainment)
Adrenaline Misfits (Konami)
Fighters Uncaged (Ubisoft)
Sonic Free Rider (Sega)
Durante estes días tamén se confirmou que un dos grandes problemas detectados
nos últimos meses nas versións de proba de Kinect, a
detección de movementos en persoas sentadas, vén de ser solucionado a través
dunha actualización do software que é capaz de seguir os brazos do usuario
pese a que teña o torso pegado a un
sofá. Temos así que pouco a pouco, actualización tras actualización, Kinect vai
aproximándose ao que prometeu Microsoft hai uns meses, de xeito que o éxito
desta plataforma dependerá principalmente do seu catálogo de xogos e non da súa
tecnoloxía.

Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















