Kidsmusicweb: música en liña para nenos

mércores, 11 de xullo do 2007 Matías Olazabal

Considerado como un xénero menor da produción musical, a música infantil atopa o seu espazo en Kidsmusicweb, sitio web dedicado integramente á promoción e difusión de música infantil. Este proxecto actualmente aberto (como case todo o que xurdiu na Rede nos últimos tempos), naceu hai un par de anos co sinxelo obxectivo de publicar un índice de artistas dedicados o mundo infantil e acabou por transformarse no que vemos agora na Rede: unha completa guía da música feita para os máis pequenos.
Entre os recursos que facilita esta páxina atopamos un calendario de eventos, un índice de artistas, transcricións das letras das cancións e a posibilidade de descargalas de balde. Ademais disto, inclúense na páxina unha serie de artigos vinculados ao valor da música na educación e ofréceselle ós os artistas a posibilidade de poñerse en contacto coa páxina para incluír os seus datos na devandita guía de autores.
Coma indican os creadores de kidmusicweb, a música infantil ten un valor educacional e lúdico “incalculable” para os pequenos, e sinalan que nos Estados Unidos non existe un aparello de promoción para este xénero nos medios de comunicación tradicionais, o que leva a ter que procurar espazos alternativos para facer fronte a esta demanda.

PUBLICIDADE