Karbonn estrea un terminal económico con Windows Phone 8.1

xoves, 25 de setembro do 2014 Marcus Fernández

O fabricante da India Karbonn vén de lanzar o seu primeiro smartphone con Windows Phone 8.1, o novo Titanium Wind W4, que pode chamar a atención principalmente por estrearse a un prezo de 5.999 rupias (76,71 euros) facéndoo ideal como terminal de entrada.
Este novo teléfono suma unhas prestacións propias de smartphones de gama baixa, como son unha pantalla de 4 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, procesador de catro núcleos a 1,2 GHz, 512 Mb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 32 Gb), cámara traseira de 5 Mpíxeles con enfoque automático e flash, cámara frontal de 0,3 Mpíxeles, sintonizador de radio FM e soporte de dobre SIM.

PUBLICIDADE