Instagram quere axudarnos a atopar contidos en función do seu momento ou lugar
martes, 23 de xuño do 2015
A aplicación de
Instagram para iOS e para
Android recibiron unha nova versión que incorpora
novas funcionalidades á hora de explorar contidos, pero que polo momento só
estarán dispoñibles nos EE.UU. Deste xeito, os usuarios estadounidenses poden
facer uso dunha versión revisada da pestana Explorar,
que inclúe etiquetas e lugares destacados (o que permite ver en tempo real o
que está a pasar preto ou en calquera curruncho do mundo), coleccións
seleccionadas (que recolle unha escolma cambiante de lugares e persoas) e tamén
a busca de lugares (agora poden localizarse contidos en función da súa situación
xeográfica).
Para usuarios de todo o mundo o que si está agora dispoñible é a busca por
lugar (que permite atopar publicacións etiquetadas especificamente co nome dun
lugar) e buscar todas as publicacións (que realiza unha busca rápida a moi
completa por nome de usuario, nome, etiqueta ou lugar).
Estas novidades van encamiñadas a que Instagram non sirva só para ver
fotografÃas publicadas pola xente á que seguimos, senón que tamén sirva para
explorar imaxes de lugares que queremos visitar, instantáneas dun momento de
actualidade (por exemplo, as fogueiras de San Xoán) ou dunha celebridade,
abrÃndose asà máis ao mundo e facilitando o acceso a un volume de contidos que
vai moito máis aló dos nosos cÃrculos de amizades.