Instagram engade a opción de incustrar os seus contidos na web

mércores, 10 de xullo do 2013 Marcus Fernández

As publicacións en Instagram permiten agora xerar o código para a súa incrustación en páxinas web

En busca dunha maior relevancia e para evitar que as imaxes que almacena queden encerradas no seu servizo, Instagram anuncia hoxe a posibilidade de incrustar as imaxes e vídeos que se comparten a través do seu servizo como un xeito de que poidan aproveitarse en blogs, páxinas web e artigos de medios de comunicación en liña.
Para poder incrustar os contidos de Instagram chega con localizalos a través da súa versión web e premer sobre o terceiro botón que aparece á súa dereita (nunha banda vertical de cor azul) obténdose así o código fonte que podemos pegar nos nosos espazos en liña para a súa reprodución como vemos a continuación:


Tamén podemos ver este sistema de incrustado de contidos con vídeos:


Esta funcionalidade respectará os nosos axustes de privacidade, de xeito que os contidos que non queiramos compartir non poderán incrustarse na web.

PUBLICIDADE