AOI

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Innovación destina preto de 100 millóns de euros ás axudas de investigación

xoves 26 de abril do 2007 | | Compartir en Tuenti | Compartir |

A Consellaría de Innovación destinará preto de 100 millóns de euros ás convocatorias de axudas deste ano para investigación. O dito departamento presentou as primeiras e principais convocatorias das axudas, que se publicarán en breve e que destinarán 64,72 millóns de euros ao Fomento da Innovación Empresarial e da Propiedade Industrial, á Promoción Xeral da Investigación e a programas Sectoriais de Investigación aplicada, I+D SUMA e PEME I+D. Para completar estas axudas, haberá unha segunda quenda na que sairán as subvencións de Recursos Humanos; de Contratos-Programa para Equipos de Investigación; de Dinamización da Innovación e de Comunicación e Sensibilización Social, cun orzamento próximo aos 35 millóns de euros.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS