Inician dende Chuza! unha porra electoral

martes, 20 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

Imaxe que simula cómo sería o iPod nano que se entregará ao gañador da porra electoral

A proximidade dos comicios electorais galegos anima ao debate e mesmo a facer predicións, e os máis afeccionados ao último poden tirar proveito das súas dotes precognitivas, participando nunha porra organizada dende Chuza!, na que os participantes poden estimar o número de escanos que levarán as distintas forzas políticas que optan ao Goberno galego, e que conta cun premio único: un iPod nano cunha capacidade de 8 Gb que, para ser acorde coa organización do concurso, é de cor verde e trae gravado o logotipo de Chuza! no seu reverso.
No caso de que haxa varios acertantes, o premio sortearase mediante un proceso informático, sendo preciso que os usuarios que queiran optar ao iPod nano personalizado estean rexistrados en Chuza! con anterioridade á convocatoria da porra.

O organizador da porra incluso parodiou o cartel pre-electoral do PSdeG para promocionar o atractivo do iPod nano personalizado

PUBLICIDADE