Igalia ofrece dúas vacantes para estudantes

mércores, 16 de abril do 2014 Redacción

A empresa galega Igalia, centrada en servizos de software libre, está a ofrecer dúas vacantes para unírmonos ao seu equipo de desenvolvedores. O obxectivo: achegar prácticas de verán no seo da compañía ou cunha bolsa de colaboración para estudantes. No desenvolvemento das prácticas poderán participar aqueles estudantes de titulacións en Informática, Ciencias da Computación ou semellantes e que teñan máis da metade dos créditos superados. Terán prioridade as persoas “con formación demostrábel e compromiso co software libre”, ademais de ter dominio de inglés escrito.
Polo que respecta ás prácticas de verán, abranguen un total de 350 horas e inclúen unha contraprestación de 1.600 euros. No caso da bolsa de colaboración, definirase a duración da mesma e a remuneración en función “do interese e posibilidades da persoa seleccionada e do proxecto proposto”, ofrecendo un máximo de 4.000 euros. Para saber máis sobre as condicións, requisitos e instrucións para participarmos na achega de Igalia, temos máis datos na web de Mancomún.
Os interesados deberán remitir a súa solicitude a través do formulario de contacto habilitado no portal web de Igalia antes do 8 de maio de 2014.

PUBLICIDADE