INEO organiza unha xornada sobre incentivos fiscais en materia de Investigación e Desenvolvemento

xoves, 20 de marzo do 2014 Redacción

O vindeiro xoves 27 de marzo a asociación empresarial INEO organiza en colaboración con TÚV Rheinland e F.Iniciativas, a xornada Desgravación fiscal en I+D segundo a Lei de Apoio a Emprendedores, unha xornada que servirá entre outras cousas para afondar nas novidades introducidas no novo marco regulamentario da devandita Lei, facendo fincapé nos incentivos fiscais que se poden aplicar no relativo a actividades de innovación empresarial.
Durante a xornada tamén se falará de como se poden acadar estas deducións no imposto de sociedades a través da solicitude do informe motivado mediante a certificación de proxectos conforme ao Real Decreto 1432/2003 que establece os requisitos científicos e tecnolóxicos para a obtención do devandito informe.
A actividade comezará a partir da 10:00 horas na aula de Formación do Consorcio da Zona Franca de Vigo (Área Portuaria de Bouzas). Ao remate, celebrarase a sinatura dun convenio entre INEO e TÜV Rheinland, un acordo dirixido a fomentar a cooperación na certificación Proxectos de Investigación e/ou Desenvolvemento e/ou Innovación Tecnolóxica.

PUBLICIDADE