AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

ICANN independízase do Goberno dos EE.UU.

mércores 30 de setembro do 2009, por Marcus Fernández | | Compartir | |

ICANN e o Departamento de Comercio dos EE.UU. anunciaron que chegaron a un novo acordo que deixa ao organismo que xestiona os mecanismos nucleares da Internet «independente e non controlado por ningunha outra entidade», manténdose como unha entidade privada sen ánimo de lucro.
Dende os seus comezos ICANN buscou a independencia do Goberno dos EE.UU., posto que debe encargarse de supervisar funcións como a asignación de rangos de enderezos IP ou a xestión do sistema de nomes de dominios de primeiro nivel, que son asuntos de carácter internacional, polo que a inxerencia norteamericana non estaba ben vista, e dende a Comisión Europea recibiron o cambio no control do organismo dun xeito moi favorable.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS