ICANN avanza na creación dos dominios .xxx
venres 18 de marzo do 2011, por |
Tras
máis de 7 anos de discusión, interferencias políticas e atrancos de todo tipo, ICANN deu o
que parece ser o prace definitivo á posta en marcha do dominio de primeiro
nivel .xxx, que destinaríase a
páxinas web de contido pornográfico.
Este novo sufixo para dominios de Internet pode verse de distintos xeitos, pois
hai quen considera positivo que as páxinas para adultos conten cun dominio de
seu, facilitando a súa identificación, mentres que outros consideran que iso
sería unha letra escarlata (o que,
entre outras cousas, facilitaría o seu bloqueo mediante filtros de control paterno).
ICM Registry é a compañía que solicitou a xestión do novo dominio, e incluso abriu un proceso de reserva,
aínda que pasarán meses antes de que os dominios .xxx estean dispoñibles.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















