Factura electrnica

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

IBM convoca un concurso de ideas para desenvolvedores de software

xoves 2 de setembro do 2010, por Raquel Noya | | Compartir | |

A compañía internacional IBM, a fin de fomentar a creación de software de utilidade para as distintas necesidades que atopamos os usuarios das novas tecnoloxías no noso día a día, vén de convocar un concurso para que emprendedores, universitarios e desenvolvedores de software expoñan as ideas máis innovadoras e os principais retos que deben abordar as empresas nun entorno tan complexo como o actual.
IBMAGINA que así se fai chamar o concurso, concíbese como unha plataforma para fomentar o intercambio de ideas e compartir coñecementos, así como unha oportunidade para darlle pulo ó progreso social e empresarial, o valor da creatividade e a innovación.
Din dende a entidade que “o software xoga un papel importante nos nosos días porque está a transformar a nosa forma de vida” e neste senso, o concurso é unha oportunidade única para desenvolver todo tipo de iniciativas que melloren e fagan máis doada a nosa actividade diaria.
O concurso, en definitiva, consiste en expoñer todo tipo de iniciativas para mellorar os procesos e aplicacións que se dan no día a día de calquera organización, como a conectividade e a colaboración empresarial, os servizos de atención ao cliente, a optimización de recursos ou a protección da información.
En poucas palabras, ten como principal obxectivo plantexar os problemas e as solucións que contribúan á creación dun planeta máis intelixente.
As ideas e retos que se propoñan na web do concurso, que se poderán expoñer ata o 30 de setembro, deberán aliñarse con cada unha das áreas estratéxicas máis importantes que teñen plantexadas hoxe en día as organizacións, e que van dende “coñecer e actuar” ata “protexer”, pasando por “adaptarse” ou “innovar”.
As mellores ideas en cada unha das seis categorías mencionadas obterán como premio coñecer as diferentes solucións de software de IBM que están a aplicar as empresas para enfrontarse con éxito a un ámbito competitivo. Os premios consistirán en cursos prácticos de varios días de duración valorados en máis de 2.000 euros, sobre administración de Bases de Datos DB2, desenvolvemento de aplicacións con WebSphere Message Broker, desenvolvemento de regras de negocio con IBM WebSphere ILOG JRules, administración de IBM Lotus Domino 8.5 ou IBM Tivoli Storage Manager, entre outros.
Poderá participar no concurso calquera persoa maior de idade, residente en España, que se rexistre previamente no mesmo.
As ideas gañadoras dos principais premiso serán seleccionadas por un xurado formado por cinco profesionais de IBM, entre as máis votadas polos internautas. A entrega de premios terá lugar durante a sesión plenaria do Congreso de Software IBM 2010.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS