Huawei IDEOS, un móbil económico con Android 2.2
luns 6 de setembro do 2010, por |
O sistema
operativo Android cada vez está máis presente en móbiles de gama media, e
Huawei incluso quere achegalo aínda máis á gama baixa, de aí que presente
o seu Huawei IDEOS, terminal que funcionará con Android 2.2 (con soporte de
Adobe Flash Player 10.1) que funciona
cun procesador a 530 MHz, 256 Mb de RAM, 512 Mb de ROM, conectividade
GSM/EDGE/HSDPA ata a 7.2 Mbps, Wi-Fi N (podendo funcionar coma punto de acceso
para ata 8 equipos), Bluetooth, pantalla táctil de 2,8 polgadas cunha
resolución de 320 x 240 píxeles, cámara de 3,2 Mpíxeles, GPS, lector de
tarxetas microSD de ata 32 Gb e unha batería de 1.200 mAh.
Este móbil debería estar dispoñible en varias cores a partir de outubro a un
prezo que estaría entre os 100 e 200
dólares (77 e 155 euros), de xeito que será doado atopalo de balde con
múltiples operadores.
O Huawei IDEOS preséntase coma un móbil completo e económico
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















