Hoxe hai 40 anos da instalación do primeiro nodo de ARPANET
mércores 2 de setembro do 2009, por |

- O primeiro nodo (IMP) que formou ARPANET
Escribir a historia da
Internet é algo moi complexo, pois non podemos definir o comezo dunha rede que
foi evolucionando ao longo do tempo, dependendo de distintos organismos e
respondendo a distintos nomes, pero hoxe
celébrase o 40º aniversario dun dos seus primeiros pasos: a
instalación do primeiro nodo de ARPANET nun laboratorio da Universidade de
California (Los Angeles, EE.UU.).
Estariamos así ante o que algúns consideran que podería ser aniversario da
Internet (de considerar que tal rede e ARPANET son a mesma cousa), aínda que
moitos outros poñen a data
a celebrar no 29 de outubro, día no que transmitirían a primeira
mensaxe a un segundo nodo, sito no Instituto de Desenvolvemento de Stanford
(SRI), aínda que só chegaron a enviar dúas letras («LO», non podendo completar a palabra login).
De todos os xeitos hai que precisar que esta primeira rede pouco ten que ver co
que actualmente chamamos Internet, rede que consolidaríase
o 30 de abril de 1995, cando culminouse a privatización da NSF, dando
lugar á estrutura organizativa da Internet que hoxe coñecemos, como unha rede comercial con certa independencia.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















