AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Hospedaxes quere dinamizar o marketing dixital galego coa súa nova web

luns 20 de agosto do 2007, por Fernando Sarasqueta | | Compartir | |

A web galega de marketing dixital Hospedaxes vén de estrear nova feitura, segundo comunican os seus fundadores, Iván Fociños e Alejandro Aguiar. O obxectivo desta remodelación é o mesmo có de calquera proceso de mellora dun produto: ampliar e alongar o camiño aberto até o de agora con el, sendo este que nos ocupa un camiño de accesibilidade e usabilidade web. En definitiva: a nova fasquía de Hospedaxes (que inclúe versión en galego) vai orientada a facer o mesmo que até hoxe (ferramentas que axudan a empresas e particulares a obter mellores resultados nos buscadores, solucións de imaxe corporativa, etc) pero, se é posible, mellor e de xeito máis próximo.
O servizo web, que comezou tendo máis clientes fóra da nosa terra ca dentro, encamíñase agora a satisfacer (tamén) os intereses dos clientes potenciais galegos, rumbo que segundo os responsables de Hospedaxes é arriscado abondo, xa que “mentres non exista máis banda ampla en Galicia non ten sentido que as empresas invistan en contidos en galego”.
Sexa como sexa, Iván e Alejandro seguirán a apostar neste Hospedaxes máis galego polo mesmo polo que viñan apostando até o día de hoxe, pero con máis enerxía aínda:
· A usabilidade para os produtos en liña dos seus clientes. A xuízo dos responsables da web, non hai fracaso maior que o dun potencial comprador que desiste de mercar algo nunha páxina na que tecnicamente lle resultou imposible ou se lle puxeron moitas trabas para facelo. “Non é cuestión de ser drásticos pero, un visitante só precisa premer o rato unha vez para fuxir dunha web e non volver”, comentan nunha entrevista publicada na revista en papel de Código Cero.
· A accesibilidade. Ó seu xuízo, sen dúbida un tema pendente na Rede e na meirande parte das empresas de deseño web, sobre todo debido a que os clientes nunca poñen esa condición ou porque non se lle sabe vender a accesibilidade como un concepto rendible. E continúan: “O que diga que unha web accesible custa o mesmo ca unha parcialmente accesible minte ou trata de enganar ó seu cliente”.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS