Hora de Aventuras terá un novo videoxogo no outono

martes, 21 de abril do 2015 Marcus Fernández

A serie de televisión Hora de Aventuras da Cartoon Network continúa a ter grande éxito en todo o mundo, de aí que non nos sorprenda que anuncien que terá un novo videoxogo, Adventure Time: Finn and Jake Investigations, que no mes de novembro chegará con versións para PC, PS3, PS4, Xbox 360, Xbox One, Wii U e Nintendo 3DS.
O estudio responsable deste título está a ser Vicious Cycle Software e supón un achegamento ao xénero das aventuras clásicas, que parece querer rexurdir, de xeito teremos un xogo centrado na exploración, a investigación e a resolución de quebracabezas no que, a través de distintos episodios poderase interactuar cos personaxes máis coñecidos da serie de televisión que atoparemos en territorios como Ooo, o Reino do Lume, Chuchelandia a Cidade dos Magos e o Castelo Limoncio.
Como argumento teremos que os protagonistas, Finn e Jake, atopan o teletipo a través dos que os pais de Jake recibían información de casos para resolver, e deciden retomar o traballo de detectives dos proxenitores de Finn, quen aparte de investigar e resolver misterios tamén será quen de solucionar algúns problemas mediante frenéticos combates nos que poderá facer uso da súa espada, podendo así facerse cun abundante botín e coleccionables.
o máis destacable deste título será que, en vez de contar coa aparencia en 2D da serie televisiva, optan por unha aparencia tridimensional.


Vídeo no que podemos ver como será o novo xogo de Hora de Aventuras

PUBLICIDADE