Hello, o novo marcador telefónico para Android de Facebook
mércores, 22 de abril do 2015
Para facilitar a identificación das chamadas que recibimos
no noso móbil dende Facebook están a probar unha nova
aplicación, dispoñible inicialmente para smartphones con Android, chamada Hello e que convértese nun marcador
telefónico que se comunica coa información de contacto almacenada en Facebook,
facilitando que saibamos quen nos chama, permitir bloquear chamadas indesexadas
e buscar a persoas e lugares.
O uso da aplicación é sinxelo, de xeito que cando recibamos unha chamada
veremos en pantalla información sobre a persoa que nos chama, incluso aÃnda que
non teñamos o número na nosa axenda do móbil, sempre que a persoa que chama
comparta connosco tal información en Facebook.
Tamén podemos buscar a persoas e locais que non teñamos no móbil, de xeito que
esta ferramenta funcionarÃa como unhas páxinas amarelas, axudando asà a atopar
un establecemento próximo para poder facer un pedido ou unha reserva e incluso
consultar o seu enderezo.
Sobre o bloqueo de números telefónicos, Hello non só permite bloquear a un número
de teléfono especÃfico, senón que tamén permite o bloqueo automático de números
bloqueados habitualmente. As chamadas bloqueadas irán directamente á caixa de
voz.
Ao estarmos ante unha ferramenta de Facebook, Hello tamén nos achega
información dos nosos contactos incluÃndo a súa fotografÃa de perfil e o seu
aniversario, axiliza o acceso a perfÃs e páxinas de Facebook e incluso permite
que, en vez de establecer comunicacións a través da rede telefónica móbil,
empreguemos Facebook Messenger para intercambiar mensaxes de texto ou realizar
chamadas de voz sobre IP.
- Hello vén a ser un marcador telefónico para Android que tira proveito da información recollida en Facebook
VÃdeo de presentación de Hello