Hannspree terá o seu propio tablet con Android 2.2 e pantalla de 10,1 polgadas
martes 31 de agosto do 2010, por |
Os tablets con Android queren
ser tendencia na segunda metade do ano, e Hannspree quere facer a súa achega a
este tipo de produtos cun interesante
dispositivo con pantalla capacitiva de 10,1 polgadas cunha resolución de
1.024 x 600 píxeles, procesador nVIDIA Tegra 2 a 1 GHz, 16 Gb de memoria
interna ampliable mediante tarxetas microSD, Wi-Fi, Bluetooth, portos miniHDMI
e mini USB, batería de 3.500 mAh (que permite unhas 8 horas de vídeo) e un peso
de menos de 800 gramos.
O novo tablet funciona con Android 2.2, permitirá tanto contido en Flash 10.1
coma vídeo a 1.080p e o
seu prezo de venda será de 399 euros.

- O tablet de Hannspree goza dunha boa conectividade
Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















