Gradiant amosa os seus avances tecnolóxicos perante o sector galego da saúde

martes, 21 de abril do 2015 Redacción

Gradiant e o Clúster da Saúde de Galicia celebran este venres unha serie de innovadoras (por formato elixido e por temática) xuntanzas cos representantes do sector sanitario e médico na nosa terra. Trátase do evento Espazo KIT Saúde, a desenvolver na sede do centro tecnolóxico en Vigo. Os espazos KIT (Knowledge, Innovation and Technology, en galego Coñecemento, Innovación e Tecnoloxía), explica Gradiant, son charlas de breve duración con temáticas de interese para os socios da devandita plataforma empresarial. Son en definitiva pezas de coñecemento avanzado sobre as moitas potencialidades das tecnoloxías de vangarda coas que traballa Gradiant para o eido da saúde.
O principal obxectivo destes espazos, engade o centro tecnolóxico vigués, é afondar en temas de interese para os socios do CSG, “con obxecto de transmitir información aplicábel á súa actividade, promover o achegamento entre os socios, xerar networking e identificar oportunidades de negocio no devandito sector”.
Máis polo miúdo, o evento do venres encamíñase a dar a coñecer aos socios do CSG as últimas tecnoloxías desenvolvidas polo equipo do centro con potencial no ámbito da eSaúde, “co obxecto de identificar oportunidades para a súa aplicación mediante posíbeis colaboracións entre Gradiant e as empresas”.

PROGRAMA DA XORNADA


10:00 Presentación Cluster Saúde - Luis Álvarez Sestelo, Presidente, Cluster Saúde
10:05 Presentación Gradiant - Fernando Jiménez, Xerente Gradiant
10:10 eSaúde Gradiant. Competencias e casos de éxito - Helena Fernández. Directora Área eSaúde, Gradiant
10:20 Data Analysis, aplicacións no sector Saúde. Procesado de datos xenéticos. - Lorena González, Enxeñeira Área de eSaúde, Gradiant
10:30 Process Mining, aplicacións no sector Saúde. Optimización e mellora de procesos. - Mario Blanco, Enxeñeiro Área de eSaúde, Gradiant
10:40 Outras tecnoloxías Gradiant aplicables ó sector Saúde - Miguel Regueiro, Account Manager, Gradiant
10:55 Q&A
11:00 Coffee Break + Zona Demo
12:00 Clausura - Luis Álvarez Sestelo, Presidente Cluster Saúde

PUBLICIDADE