Gotham City Impostors sairá á venda a semana que vén
mércores 1 de febreiro do 2012, por |
A última obra de Monolith Productions, o videoxogo Gotham
City Impostors, ten xa datas de lanzamento, chegando
a PC o vindeiro día 7, mentres que para Xbox 360 e PlayStation 3 farase agardar
un día máis. Estamos ante un título de acción multixogador descargable onde
ata 12 xogadores poden loitar polo control da cidade de Gotham repartíndose en
dúas bandas que toman a súa imaxe inspirándose nas figuras de Batman e o Joker.
Os interesados en probar esta experiencia de xogo en liña que teñan unha
PlayStation 3 poden
achegarse dende hoxe á PlayStation Network para descargar a demo do xogo,
podendo así facerse unha idea de se o título paga a pena. Non é a única demo
que chega hoxe á plataforma de descargas de Sony, senón que tamén
os xogos Twisted Metal e Syndicate estrean hoxe versión de
demostración, o que agradecerán os que estean a decidir as compras de
videoxogos que efectuarán nas vindeiras semanas.

- O xogo enfrontará a numerosos personaxes disfrazados de Batman e Joker
Trailer subtitulado en español da demo/beta do xogo
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















