Google xa permite as buscas visuais dende o móbil
mércores, 9 de decembro do 2009
Dende Google non
cesan en mellorar as súas aplicacións destinadas a dispositivos móbiles,
chegando a niveis insospeitados coma co servizo Google Goggles, que incorpora a
realización de buscas
visuais, de xeito que os usuarios con terminais telefónicos con Android 1.6
poden tomar coa súa cámara unha imaxe á que o servizo engadirá recoñecemento
visual e xeolocalizacións para achegarnos información adicionais sobre a mesma,
coma datos sobre o monumento retratado, ou sobre o disco ou libro do que
tomemos unha instantánea da súa portada (o sistema é capaz de recoñecer texto).
VÃdeo de demostración de Google Goggle
Na mesma liña, dende Google tamén lanzan Favorite Places, un servizo no que
dende Google indentificaron a 100.000 establecementos comercias dos EE.UU. aos
que remitiron un pequeno cartel que poden colocar na súa entrada ou escaparate e
que inclúe un
código QR ou BIDI que dende os móbiles cun lector desta tecnoloxÃa permite
achegar información sobre o local (crÃticas, fotografÃas etc.). Toda unha
revolución para as buscas locais.
VÃdeo no que explican o funcionamento de Favorite Places

- Favorite Places baséase en códigos QR
