Google permitirá colocar imaxes de fondo no seu buscador

mércores, 2 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Cando hai cousa dun ano botaba a andar Bing, unha das súas características máis rechamantes era que a súa páxina de entrada estaba adornada con impresionantes fotografías de grande fermosura, o que claramente contrastaba co minimalismo de Google, e ante a boa aceptación desta prestación, dende Google reaccionan incorporando un novo elemento á personalización da páxina de busca, de xeito que os usuarios poderán elixir unha fotografía ou imaxe para colocala coma fondo de Google e que poderá estar na galería de imaxes de Picasa Web Album de cada usuario ou formar parte dunha selección de fotografías de alta calidade publicadas en PIcasa.
Os usuarios poderán optar tanto pola versión tradicional do buscador como pola que conta cunha imaxe personalizada de fondo, aínda que polo momento está a aplicarse só nos EE.UU., agardándose o seu espallamento internacional nos vindeiros días.

PUBLICIDADE