Google permite integrar as mensaxes de texto cos Hangouts

martes, 22 de abril do 2014 Marcus Fernández

Google está a renovar a súa aplicación de Hangouts para Andorid, que esta semana chegará á versión 2.1, o que supón un importante cambio ao xeito de entender a mensaxería en dispositivos co sistema operativo de Google, xa que a nova aplicación permitirá fusionar as conversas de Hangouts coas de mensaxes de texto, permitindo que o usuario dedica se as mensaxes van a través da aplicación ou mediante mensaxes de texto tradicionais, sendo posible fusionar ou segregar as conversas sempre que queiramos. Dentro das conversas na aplicación de Hangouts distinguiranse as mensaxe de texto tradicionais por contar cunha etiqueta que di “vía SMS”.
A nova aplicación tamén simplifica a listaxe de contactos, cunha sección coa xente coa que facemos Hangouts e outra para os contactos telefónicos, facendo máis doado atopar ás persoas coas que queremos comunicarnos; incorpora un widget para poder acceder dende o escritorio ás nosas conversas recentes; e mellora o seu rendemento (as mensaxes son máis fiables e mellora a calidade das videoconferencias).

PUBLICIDADE