Google estrea o seu servizo de música en España
martes, 13 de novembro do 2012
- A música pode reproducirse directamente dende a web
España, Reino Unido, Francia, Alemaña e Italia reciben hoxe
o servizo Google Play Music, de xeito que dende agora a tenda en liña de Google ofrece
tanto milleiros de cancións do seu catálogo como a posibilidade de subir
ata 20.000 cancións da nosa colección persoal para poder escoitalas dende a web ou
a través dunha aplicación
móbil para dispositivos con Android 2.2 ou superior (que incluso permite a
reprodución dos nosos temas favoritos cando esteamos sen conexión á Rede).
O servizo de reprodución musical de Google pode sincronizarse ata en 10
dispositivos, e o lÃmite de 20.000 cancións subidas polo usuario non afectarÃa
ás cancións mercadas a través de Google Play, que tamén estarÃan dispoñibles,
pero non reducirÃan o noso espazo de almacenamento en liña. A música mercada a
través de Google Play tamén pode compartirse cos amigos para que poidan escoitala
a través de Google+.
- Google Play Music conta con aplicación para Android
Explicación en vÃdeo do servizo Google Play Music