Google+ estrea Coleccións

luns, 4 de maio do 2015 Marcus Fernández

Aínda que Google+ como plataforma social non conseguiu a relevancia de Facebook ou Twitter, iso non lle impide evolucionar e estrear novas prestacións, de aí que agora estree Coleccións, un novo xeito de agrupar entradas por temática, o que pode lembrarnos ao xeito de organizar a información en Pinterest, de xeito que non só os usuarios poden organizar o que comparten nesta plataforma, senón que tamén o resto de persoas poden seguir coleccións en concreto (que incluso poden facerse públicas para que poida seguilas xente que estea fóra dos círculos dun usuario).
Agora mesmo podemos ver como nos perfís de Google+, aparte de poder consultar as fichas de Acerca de, Publicacións e Comentarios, tamén temos a de Coleccións, instándose aos usuarios a que crean as súas propias e sigan as do resto de usuarios.
Para facer esta funcionalidade máis atractiva, cada colección non só recompilará entradas, senón que tamén contará cun nome personalizado e unha fotografía de portada, de xeito que comportaríase case como se fose unha páxina independente, dándolle unha identidade que é moi de agradecer por parte dos usuarios, que verán claramente a temática sobre a que están a visualizar información.
As Coleccións de Google+ están dispoñibles vía web e a través da aplicación de Google+ para Android, chegando máis adiante á aplicación para iOS.

PUBLICIDADE