Google Wave liberará boa parte do seu código
martes 7 de setembro do 2010, por |
Aínda que Google
Wave parece ser o fracaso máis sonoro de Google, tal tecnoloxía resístese a
deixarnos, e dende Google decidiron garantir a súa supervivencia liberando as
partes centrais do seu código, de xeito que agora teremos
ata 200.000 liñas de código coma código aberto que serían suficientes para
dar lugar a un servidor de Wave e a un cliente web que poidan dar lugar a unha
aplicación completa que deron en chamar Wave
in a Box.
Dito doutro xeito: Google vai liberar unha versión empaquetada de Wave para que a comunidade poida ter boa parte das
funcións de Wave para poder correr esta tecnoloxía nos seus servidores e manter
as waves nos seu hardware, ou sexa,
que non será o mesmo que unha versión completa do Google Wave ao que podemos
acceder actualmente.
Aínda que Wave in a Box pretende ser
unha aplicación funcional, dende Google agardan que o futuro de Wave quede nas
mans dos desenvolvedores que realicen achegas a este proxecto.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















