Google Glass poderá ler SMS recibidas no iPhone

martes, 22 de abril do 2014 Marcus Fernández

Na semana na que a tecnoloxía de Google Glass vai achegarse a Galicia a través dun par de eventos anuncian unha importante actualización do seu software, que xa corre con Android KitKat, e que finalmente ábrese aos usuarios de iPhone, que finalmente poderán facer algo cos lentes de Google, aínda que polo momento limítase a poder ler mensaxes de texto (SMS) na pantalla das Google Glass, sen poder responderse ás mesmas por limitacións de iOS (quedando claro que aínda que o soporte para o sistema operativo de Apple vaia avanzando, non poderá chegar a ser tan completo como para Android).
Outra novidade é o Calendar Glassware, aplicación que permite consultar a nosa axenda dende Google Glass, podendo tanto consultar os nosos eventos programados como modificalos; funcionalidade claramente orientada a un uso diario das lentes de Google.
Esta actualización do software de Google Glass distribuirase en poucos días.

PUBLICIDADE