SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Google Chrome supera ao Firefox a nivel mundial

luns 21 de novembro do 2011, por Marcus Fernández | | Compartir | |

JPEG - 89.5 KB
Cota de uso dos distintos navegadores web segundo StatCounter

Os últimos datos a nivel mundial sobre o uso de navegadores web por parte de StatCounter veñen de facer historia, pois aínda que o Internet Explorer continúa a ser líder (co 40,65%), os seus principais competidores están a intercambiarse as súas posicións, xa que o Chrome de Google conseguiu chegar ao 25,49% da cota de mercado, superando o 25,31% de Firefox da Fundación Mozilla, conservando estes navegadores unha ampla distancia con respecto ao Safari (5,94%) e o Opera (1,8%).
Non só é significativo que o Google Chrome superase ao Firefox, senón que tamén resulta destacable que o Internet Explorer e o Firefox estean perdendo cota de mercado. No caso do navegador de Microsoft xa era algo habitual, pero no caso do Firefox vese que chegou ao seu teito (pouco máis do 32%) e agora ten que facer fronte á captación de usuarios por parte do navegador de Google, que convence coa súa velocidade e seguridade.
Nas últimas semanas dende StatCounter tamén publicaron outros datos especialmente relevantes, como que no mes de outubro rexistraron por primeira vez que o número de equipos con Windows 7 superaban ao veterano Windows XP, mentres que o Windows Vista continúa estancado, resultándolle imposible suceder ao XP como estaba previsto.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS