Gol Televisión chega aos 930.000 subscritores (só o 11% a través da TDT)
luns, 9 de novembro do 2009
Mediapro fixo
públicos os últimos datos de clientes de Gol Televisión, chegando
a canle de pago de contidos deportivos aos 930.000 abonados, dos que só un
11% serÃan a través da TDT Premium, o 16% corresponderÃa ás plataformas de
cable (Ono, Euskaltel, Telecable, Aotec, Iseca e R), o 66% a través de IPTV
(Imagenio, Orange, Andorra Telecom e Jazztel) e o 7% a través do móbil
(Movistar, Vodafone e Orange).
De todos os xeito haberÃa que precisar que non todos os usuarios pagan 14,90
euros/mes para acceder aos contidos de Gol TV, pois os clientes de Imagenio
Familiar ou dunha tarifa plana de datos a través do móbil de Movistar reciben a
canle sen un pagamento adicional, o que parece un claro factor distorsionador.
Pese a todo, o número de clientes a través da TDT de pago continúa a ser
insignificante, e os cambio normativo preciso para dar cabida a Gol TV na TDT
parece claramente desporporcionado, xa que existente diversas plataformas de
pago mellor aceptadas que a TDT Premium para subscribirse a contidos deportivos
(e que inclúen vantaxes como o acceso a contidos en taquilla).