Gmail optimiza o seu sistema de etiquetas
xoves 2 de xullo do 2009, por |

- Ao acceder a Gmail aparece unha mensaxe advertindo dos cambios no sistema de etiquetas
Os usuarios que hoxe
accederon a Gmail atopáronse cun importante cambio no servizo de correo
electrónico de Google, que mellorou
considerablemente o seu sistema de etiquetas, que adoptan unha nova
ubicación (xusto debaixo dos cartafoles do servizo, tomando unha aparencia
semellante aos mesmos), poden agocharse (nun principio a web amosará só as
etiquetas máis utilizadas, deixando o resto ocultas, aÃnda que é posible
personalizar este comportamento) e permiten a cualificación de mensaxes con
etiquetas cunha mera operación de arrastrar e soltar.
Con estes cambios entendemos que as etiquetas compórtanse cada vez máis coma
cartafoles, deixando de estar aloxadas nun recadro moi diferenciado, o que
achega unha estética máis limpa e cómoda.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















