SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Galiciaé estréase en Facebook e Twitter

xoves 26 de agosto do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

A plataforma de comunicación na web das publicacións El Progreso, Diario de Pontevedra, L-V (de Luns a Venres), Galicia Gastronómica e Nova+, Galiciaé, quere achegarse máis aos seus usuarios, polo que vén de incorporarse á Facebook e Twitter nunha aposta polas redes sociais que facilitará o seguimento dos seus contidos , a creación de debates sobre temas de actualidade, a interactuación entre os lectores e a realización de suxestións á redacción.
Galiciaé leva en funcionamento dende decembro de 2007, e pretende chegar cada vez a máis público, o que explica que adopten a Facebook e Twitter coma sistemas que faciliten o contacto cos lectores e a redifusión dos seus contidos.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS